Vigo Nautica Internacional, organizada por Marina de Exposiciones SL, é o salón náutico de Galicia que acolle a todos os visitantes profesionais que teñan que establecer relacións comerciais co sector na zona oeste da Península Ibérica, así como con todo o público do ámbito nacional que queira ver as últimas tendencias na zona de España con maior número de asteleiros.
Dende que se iniciou Vigo Náutica Internacional no 2004 o seu crecimiento foi imparable, parexo só ao sector náutico.
Máis de 80.000 visitantes e numerosos contactos e operacións pechadas foi o balance da sexta edición de VIGONAU, o Salón da Mar e a Náutica de Galicia que nesta ocasión contou con dous polos de atracción: o tradicional, no IFEVI, e o segundo no peirao da Laxe.