Vigo Nautica Internacional, organizada por Marina de Exposiciones S.L., é o salón náutico de Galicia que acolle a todos os visitantes profesionais que teñan que establecer relacións comerciais co sector na zona oeste da Península Ibérica, así como con todo o público do ámbito nacional que queira ver as últimas tendencias na zona de España con maior número de asteleiros.
Dende que se iniciou Vigo Náutica Internacional no 2004 o seu crecimiento foi imparable, parexo só ao sector náutico.
Galicia presenta un mundo de oportunidades na náutica deportiva, todo un potencial por explotar e desenvolver onde teñen cabida os negocios náuticos en todas as suas facetas: o turismo, a industria e o deporte.
Todo o mundo coñece a especial orografía galega que permite nas súas rías a navegación práticamente os 365 días do ano. Podemos interpretar as rías como magníficos campos de regatas, pongamos por ejemplo a ría de Vigo, con aproximadamente 17 millas dende o Parque Natural das Illas Cíes ate a Illa de San Simón.
Pero en esa ria, namentres navegamos, estaremos rodeados por algúns dos mellores asteleiros internacionais, construtores de marinas da máis alta calidade que teñen proxectos en todo o mundo e os clubes máis prestigiosos onde navegan deportistas xa coñecidos na elite mundial e a canteira que lles sigue.
Este é só o ejemplo da Ría de Vigo, pero se tomamos a de Arousa, a de Pontevedra, a de Muros, as da Costa da Morte e as do Golfo Artabro: A Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol para fechar este arco coas Rías Altas encontraremos o mesmo: unha beleza e unhas condicións de navegación inigualables e unha industria náutica de un prestixio que traspasan as nosas fronteiras.
Neste contexto enténdese e xustifícase Vigo Náutica Internacional como centro de negocio da náutica deportiva, non só local senón nacional e internacional, que, nesta edición, da un paso máis para, dende unha exposición a flote no Porto de Vigo, abrirse ás embarcacións de maior eslora e que desta maneira, este sector en plena efervescencia, poida mostrar o seu producto de maior valor engadido.
Traballamos xa con gran ilusión para a que sen dúbida vai ser a mellor edición da Vigo Náutica Internacional: a sexta, onde daráse cita toda a náutica, as firmas tradicionais e as novas, todo ese mundo en constante crecemento que supón este sector coa trascendencia económica que conleva.
Como dí o noso lema desta sexta edición
“Pon rumbo a Galicia” aquí esperémoste na cita mais importante da náutica.